AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
política
O grupo municipal do BNG de San Cristovo de Cea propón á Corporación que inste aos organismos relacionados co Camiño de Santiago para que os tramos da Ruta da Prata entre Ponte Vella - Costiña de Canedo - Liñares - Mandrás - Casanovas - Cea - Silvaboa - Pieles e Oseira sexan "sinalizados correctamente, recoñecidos como pertencentes ao Camiño de Santiago a todos os efectos e aparezan indicados como tales en todas as guías e folletos informativos, particularmente nos oficiais". Sinala este grupo da oposición que coa proximidade dun novo Xacobeo e a posibilidade dun novo albergue en Oseira, é necesario que a ruta Cea - Silvaboa - Pieles - Oseira figure en todas as guías, sexa recoñecida a todos os efectos e goce de toda a atención, difusión e recoñecemento oficial posible. Matizan os concellerios que á saída de Cea existen dúas posibilidades, a máis curta por Piñor-Dozón, presente en todas as guías e considerada como ruta "oficial" na web "caminodesantiago", e outra por Silvaboa - Pieles - Oseira, mencionada nesa web como secundaria.
Engaden que o mesmo sucede co tramo Costiña de Canedo - Liñares - Mandrás - Casasnovas, na que o esquecemento oficial obriga incluso a depender de voluntarios como os Amigos do Camiño para desbrozalo e permitir o tránsito.
"Ambos supoñen para o concello de Cea un patrimonio cultural inestimable e unha fonte de ingresos valiosísima, polo que requiren da máxima atención por parte de todos os organismos, en particular do propio concello", sinalan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
ENTERRO DA SARDIÑA
Risas y llantos despiden el Entroido en Carballiño
UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”
CLAVES PARA UNA VIDA LARGA
Calidad de vida, alimentación de próximidad y ser activos mejoran la longevidad en Ourense
FACTORES DE LA VIDA LARGA
Los expertos analizan la longevidad de Ourense