O BNG reclama "máximas garantías" nas minas de litio
O proxecto de explotación de litio afectaría aos concellos de Beariz e Avión
O portavoz parlamentario de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, trasladou á Cámara a tramitación do proxecto mineiro de explotación de litio denominado Alberta I que, nunha primeira fase, afectaría aos concellos de Beariz e de Avión e podería estenderse en sucesivas fases a Forcarei, Cerdedo e A Lama.
A través dunha proposición non de lei, Bará defendeu tres propostas concretas para garantir o interese público: someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental, solicitar todos os informes preceptivos para garantir o cumprimento da lexislación sectorial e abrir un proceso de diálogo cos colectivos que se opoñen ao proxecto que deben recibir a máxima información sobre os riscos deste tipo de explotacións mineiras. O veto do PP impediu aprobar a proposta para asegurar todas as garantías, apunta o BNG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último