AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
Unha auditoría da Xunta desvela irregularidades na adxudicación, seguimento, sinalización e pago dunha subvención de 250.000 euros, que xa foran denunciadas por colectivos ecoloxistas
Inmaculada Ucha sí admitiu que 'no Concello só recibimos o informe elaborado por unha empresa privada, Álvarez e Asociados, que foi encargada pola Xunta para auditar os cartos investidos na canceira'. Indicou que os resultados desa auditoría desvelan que 'non se colocou o cartel informativo de quen subvencionaba a obra (Consellería de Medio Ambiente), xa que non estaba cando os inspectores viñeron, e por iso tivemos que enviar á Xunta unha factura desa instalación'.
CONVENIO
Ademais, os auditores comprobaron que 'o Concello non adiantou os cartos á empresa adxudicataria, e que lle foron abonados o 14 de febreiro de 2007 e o 1 de febreiro de 2008, unha vez que a nós nos ingresou a Xunta a subvención en tres quendas de 100.000, 50.000 e 49.500 euros'. Por outra banda, o informe da auditoría sinala que 'a empresa adxudicataria non presentou o xustificante de estar ó día nos pagos á Seguridade Social e que tampouco foi constituida unha comisión de seguimento do convenio asinado entre o Concello e Medio Ambiente o 21 de marzo de 2006', cando Manuel Vázquez era titular dese departamento. Os colectivos ecologistas 'Amigos da Terra', Adega e 'Matar por matar non' xa denunciaran ante a Fiscalía de Ourense unha posible malversación de fondos públicos, xa que ó seu entender 'os 250.000 eruos non foron investidos na limpeza, remodelación, abastecemento e saneamento da canceira da Medela, e o señor alcalde, Carlos Montes, certificou no seu momento uns traballos que aínda non estaban executados', indicou Xulio Fernández, voceiro de 'Matar por matar non'.
GRAVEDAD
Argimiro Marnotes, voceiro do grupo municipal 'popular', alertou á opinión pública o pasado venres, cando remitiu un comunicado no que daba por feita a reclamación dos 250.000 euros por parte da Consellería de Economía. O concelleiro do PP tamén apuntou 'que esta é unha situación moi grave a nivel administrativo, e o equipo de goberno do Concello deberá dar unha explicación'. Precisamente hoxe, a Corporación aprobará os estatutos definitivos para poñer en marcha o padroado que xestionará o refuxio de animais ubicado na Medela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
ENTERRO DA SARDIÑA
Risas y llantos despiden el Entroido en Carballiño
UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”