O Concello do Carballiño pide axuda á Deputación de Ourense para o Conservatorio
O Conservatorio do Carballiño deixou 130 solicitantes sen plaza
O grupo de goberno de Carballiño destaca a boa saúde do Conservatorio de Música e refírese á necesidade de obter recursos externos para a ampliación do servizo que conta con usuarios de toda a provincia. “No presente curso, o Concello do Carballiño rexistrou, de forma repentina, unha alta demanda en diferentes especialidades, polo que, ante a imposiblididade de poder aumentar as horas necesarias para cubrir parte da demanda, pois na súa totalidade sería imposible, pedirá á Deputación de Ourense unha liña de colaboración que podería ser unha acción similar á realizada con outros concellos como é o envío de profesores”, sinala.
A asociación de pais solicitou ao Concello unha solución despois de que 130 solicitantes no poideran matricularse. “Hai que recordar que a normativa laboral imposibilita que o Concello amplíe o número de horas que prestan os profesores máis alá dun trinta por cento e que ademais hai que recordar as constantes variacións na demanda”. Dado que hai alumnos de diferentes lugares da provincia, consideran necesaria a colaboración da Deputación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
SIN MARCADO CE
Incautados más de 83.000 juguetes ilegales en A Coruña
INVESTIGACIÓN ABIERTA
"El Trompas" será juzgado por el feminicidio de la española Claudia Tacoronte