AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
O CARBALLIÑO
A concellería de Deportes de Carballiño desenvolveu durante a xornada de onte os traballos de mantemento do campo de herba artificial do campo de futbol da Uceira. Consistiron nunha limpeza integral de toda a superficie do terreo de xogo e zonas de banda e banquillos, para eliminar tódolos residuos que durante os últimos anos se foron acumulando, cunha maquinaria especial para este tipo de labores. Desta forma consiguese osixenar o campo para, posteriormente, colocar o caucho necesario que lle devolverá a estas instalacións deportivas ó seu estado perfecto para a práctica de deportes.
O concelleiro responsable deste departamento municipal, Manuel Dacal, considerou que era imprescindible realizar estes traballos canto antes, "xa que nos últimos anos non se fixeron e este tipo de instalación require dun mantemento periódico", sinalou.
Estas instalacións deportivas da Uceira son empregadas ó longo do todo o ano por moitos deportistas da vila, entre eles, preto de 200 rapaces da Escola Municipal de Futbol, así como equipos de outras ligas, como a dos veteranos, polo que Manuel Dacal apuntó que "son as instalacións deportivas municipais con maior demanda e, polo tanto, as que maior atención deben ter por parte dos responsables municipais".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
ENTERRO DA SARDIÑA
Risas y llantos despiden el Entroido en Carballiño
UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”