FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
FESTA DO PULPO DO CARBALLIÑO
A víspera da Festa do Pulpo, no podía faltar o Concurso de camisetas, onde as pandillas participarán con entusiasmo. A Praza Maior encherase de alegría e música a cargo de DJ’s a partir das 18,00 horas. O Concello do Carballiño convocou o concurso para seguir incentivando a participación da mocidade na Festa do Pulpo.
O deseño pode estar creado a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, número ou calquera outro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira ou en ambas.
A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, cuadrillas, colexios...) que o desexen, sen límite de idade sempre que o/a responsable da agrupación sexa maior de idade.
Establécese un único premio ao mellor deseño dotado con 200 euros para a camiseta que maior número de votos reciba; o resto de camisetas que cumpran os requisitos das bases expostas recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha.
O ano pasado, despois do parón pola pandemia, recuperouse este concurso tan singular e logrou un gran éxito con preto de 2.000 personas implicadas na celebración.
O certame está dirixido as peñas e, en 2022, conseguiu a inscrición de 63 grupos. Cada grupo debía presentar a concurso o deseño dunha camiseta dando protagonismo á Festa do Pulpo. A peña da asociación de familias de persoas con discapacidades psíquicas da comarca de O Carballiño (Aspadisi) foi a gañadora de 2022.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana