Cultura e deporte son galardoados coa Arenteira
Premios
A entrega dos galardóns terá lugar o próximo 26 de novembro a partir das 20,30 horas
O Galardón da Arenteira recoñece os méritos na súa décima edición a Xosé Carlos Sierra Rodríguez, na modalidade de Cultura e Investigación; ao Club Deportivo Arenteiro, na de Deporte, e ao fotógrago Héctor Guzmán a Título Póstumo. Organizado polo Aparthotel Arenteiro do Carballiño conta coa colaboración do historiador Xosé Luis Sobrado, que formou parte do xurado xunto con Manuel Amil, acompañando ambos ao responsable do aparthotel, Uriel Bernárdez, no acto de presenciación dos galardoados, no que destacaron esta nova edición na que a entrega da Arenteira contará con invitados presenciales.
A entrega dos galardóns terá lugar o próximo 26 de novembro a partir das 20,30 horas no aparthotel.
O xurado recoñece o labor de Xosé Carlos Sierra durante más de 25 anos ao frente do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela e, entre outros méritos, por apoiar a restauración da torre da Veracruz cando foi secretario xeral de Cultura. Do Club Deportivo Arenteiro a traxectoria de 63 anos e o seu recente ascenso de categoría, ademais de xestionar o fútbol base carballiñés. A Héctor Guzmán o seu traballo como fotógrafo e no mundo da comunicación, participando activamente como membro da Asociación Fotográfica O Potiños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
XINZO DE LIMIA
Festa do Esquecemento 2026
SIN SERVICIO DE SOCORRISMO
Muere una mujer de 68 años tras sufrir una indisposición en la playa de Lago, en Camariñas