O Festival de Habaneras rinde homenaxe no Carballiño á traxectoria de José Isorna
O Auditorio da vila do Arenteiro acollerá o vindeiro sábado 26 o Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño e no que actuarán tres corales e dúas rondallas. Esta decimoquinta edición estará adicada á traxectoria de José Isorna, difusor da música polifónica galega.
As corais polifónicas de Verín (Ourense) e La Paz, de Pastrana (Guadalajara); as rondallas Presto Vivace, de A Coruña, e Latexos, de Foz (Lugo), son as catro agrupacións invitadas ó Festival de Habaneras que organiza o Orfeón do Carballiño.
O certamen polifónico celebrarase o vindeiro sábado 26 de xullo no Auditorio municipal da vila do Arenteiro con entrada libre e gratuita, a partir das oito e media da tarde, coa colaboración de Concello, Deputación e Xunta de Galicia.
Emilio Rodríguez, presidente do Orfeón carballiñés -que pechará o festivalanunciou que cada un dos grupos participantes presentará tres cancións do seu repertorio, e ó remate cantaremos conxuntamente A Paloma. Pola súa banda, o director da coral anfitriona, Xosé Luis Reza, destacou os 15 anos que levamos aportando o noso grao de area ó programa cultural do verán.
E coma xa é tradicional na historia desta actividade, haberá unha homenaxe á traxectoria dun persoeiro vencellado ó mundo da polifonía. Neste caso, a organización elexiu a José Isorna Ferreirós, nado en Valga (Pontevedra) e cun amplo currículo tanto no ensino coma nos medios de comunicación. Dende o seu programa Santa Misa, da TVG, deu a coñecer ó mundo a máis de 200 corais galegas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios