A Insua dos Poetas pechará o ano Castelao o sábado
NOSA LITERATURA
Con este evento, a fundación clausurará as numerosas actividades realizadas ao longo de 2025, ano dedicado a Castelao polo Parlamento e a Xunta de Galicia, en conmemoración do 75° aniversario do seu falecemento no exilio
A Fundación Insua dos Poetas, impulsada e presidida polo escritor Luís González Tosar, ten previsto un importante acto no seu predio da Esgueva, Madarnás, O Carballiño, o próximo sábado, 13 de decembro, a partir das 12,30 horas.
Con este evento, a fundación clausurará as numerosas actividades realizadas ao longo de 2025, ano dedicado a Castelao polo Parlamento e a Xunta de Galicia, en conmemoración do 75° aniversario do seu falecemento no exilio ( Buenos Aires, 7 de xaneiro de 1950).
Coa incorporación do conxunto escultórico sobre Alfonso Daniel R. Castelao, a Insua dos Poetas acada unha vintena de monumentos representativos doutros tantos autores da nosa literatura realizados por artistas da categoría de Acisclo Manzano, Xosé Cid, Manuel Buciños, Ramón Conde e Antón Pulido, entroutros. Está previsto, pois, inaugurar, por parte das autoridades asistentes, presidente do Parlamento galego e presidente da Deputación de Ourense, a incorporación da Fonte do Guieiro e o Camiño de Castelao.
A parte musical correrá a cargo do xove e talentoso Nizan e a súa batería.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N