ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
A carballeira de Moldes albergou este sábado o acto solemne da entrega do Premio Antón Losada Diéguez a Eva Veiga e Baldo Ramos por “Quérote canto” e Xosé Miguel Andrade e Anselmo López Carreira por “O Reino medieval de Galicia”, nas categorías de Creación Literaria e Investigación e ensaio, respectivamente. O público agradeceu o cambio de emprazamento, na procura da brisa fresca da arboreda, nun acto solemne no cal o escritor Luís González Tosar exerceu de pregoeiro.
Logo dunha edición, a do 2020, na que o coronavirus impediu a celebración dun dos actos máis senlleiros e tradicionais do panorama literario de Galicia, o encontro de onte permitiu volver a honrar a cultura galega, poñendo o foco na poesía e tamén no pasado medieval. Os premiados, ademáis de moi emocionados e agradecidos polo premio, coincidiron ao expresar publicamente a súa sorpresa polo galardón nun ano especialmente duro pola grande competencia. Veiga e Ramos compartiron cos asistentes como foi o proceso de elaboración da súa obra, nun retiro no Mosteiro de Oseira onde lembraron con agarimo ao responsable da biblioteca. Co traballo firmado por Andrade Cernadas e López Carreira rescatase con rigorosidade e carácter divulgativo a existencia do reino de Galicia.
Entre as autoridades que se deron cita na carballeira de Moldes estaban o delegado territorial Gabriel Alén, o vicepresidente da Deputación César Fernández, así como os máximos representantes dos concellos de Boborás e Carballiño, Patricia Torres e Francisco Fumega respectivamente, convocantes ademáis do certame que mantén vivo o legado dun dos referentes intelectuais galegos e, en definitiva, a cultura do país. Na súa intervención, o delegado da Xunta Gabriel Alén destacou a contribución do pensamento de Losada Diéguez na identidade galega e o sinalou como “ideólogo do artellamento do grupo Nós” liderado por Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas ou Ramón Cabanillas. O alcalde do Carballiño foi o encargado de facer una semblanda de Losada Diéguez e González Tosar fixo un repaso na historia do premio, que naceu a raíz do centenario de Losada Diéguez fai 36 anos polo desexo do seu fillo Luís Losada Espinosa, “xornalista que puxo en funcionamento a radio e televisión galega e dirixiu os informativos de RTVE”, lembrou.
Tosar continuou o seu discurso facendo unha comparativa con outras celebracións no ámbito da cultura galega, como o Día das Letras Galegas. “Con todo o mérito a Real Academia Galega, dende o berce do galeguismo político e cultural que foi Ourense coa Xeración Nós, pedimos máis democratización, máis participación e pluralidade na elección do persoeiro homenaxeado nas Letras Galegas”, dixo Tosar, quen entende que os centros de ensino, as universidades galegas, as fundacións de escritores, os concellos e as deputacións que nestes anos axudaron a enaltecer esta celebración, “teñen dereito a participar na designación do homenaxeado”, dixo.
O encontro de onte foi o escollido pola Coral Orfeón do Carballiño para volver a tocar despois da pandemia, pechando o acto cun trío de cordas e a interpretación do Himno Galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño
FORMACIONES PRÁCTICAS
Carballiño forma nuevos monitores de tiempo libre
LA COMISIÓN DE FIESTAS
Sampaio anima a degustar cocido en carpa calefactada