INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
GASTRONOMÍA
A LV Festa do Pulpo do Carballiño será presentada hoxe no salón gastronómico "Pulpo Pasión Madrid", no espazo gastronómico gourmet Platea Madrid. Na xornada inaugural está prevista a elaboración da tapa de pulpo máis grande de Madrid. O prato no que se preparará foi cedido polo Concello do Carballiño como promoción da Festa do Pulpo, atendendo a unha invitación da organización deste evento, que se desenvolverá ate o 15 de maio, e no que participan coarenta restaurantes da capital de España.
O prato ten 2,20 metros de diámetro e cubrirase con 110 kilos de pulpo. Dase a circunstancia de que este prato, que está serigrafiado cos lemas e convocatoria da Festa do Pulpo, foi o primeiro que se utilizou no Carballiño para elaborar a tapa de pulpo máis grande do Mundo. Na semana previa ao evento gastronómico do pasado ano, o prato no que se eleborou esta tapa tiña 5,37 metros de diámetro, máis do dobre deste que se utilizará en Madrid.
Neste acto inaugural intervirá o concelleiro de Turismo carballiñés, José Manuel Dacal, para promocionar a LV Festa do Pulpo e destacar o papel do Carballiño e das súas pulpeiras como unha referencia mundial na elaboración do "pulpo á feira". O salón Pulpo Pasión Madrid celebra a súa segunda edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño