O Nadal de este ano trae varias novas propostas a Carballiño
FIESTAS NAVIDEÑAS
O 31 de decembro haberá prebadaladas na Praza Maior do Carballiño
Os veciños do Carballiño poderán desfrutar dunha variada oferta teatral, cine, concertos, maxia e monólogos de humor, ademais de citas tradicionais como a visita de Papá Noel ou a cabalgata de reis. “Temos novidades como as prebadaladas na tarde do día 31 de decembro, que esperemos que teñan moito éxito”, avanzou o edil de Cultura. A programación comeza o 1 de decembro co acendido da iluminación festiva polas rúas da vila.
Entre outras actividades, o concelleiro destacou: o concerto das Guerreras K-Pop o 4 de decembro no Auditorio Municipal, o concerto do grupo Bombai o 5 de decembro, a obra “Bichitos” da compañía Spasmo Teatro o 8 de decembro, o espectáculo “Retranca e maxia” de Luis Boyano o 14 de decembro e o monólogo de Agustín Jiménez o 18 de xaneiro. Fixo unha mención especial á cabalgata de reis, “Na cabalgata teremos moitas sorpresas, como é habitual”, destacou. Tamén recordou que haberá actividades complementarias durante decembro e xaneiro, como a pista de xeo na pista vermella ou as exposicións fotográficas de O Potiños en diversos puntos da vila.
Como apoio ao comercio, o alcalde, Francisco Fumega, avanzou a campaña de bonos do Concello para incentivar as compras locais. “É un xeito de prolongar as vendas máis alá da época do Nadal”, explicou. No pasado pleno aprobouse unha modificación de crédito de 30.000 euros para poñer en marcha a campaña, que en pasadas edicións contou cunha elevada participación veciñal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
INVESTIGACIÓN POLICIAL
El juez reclama identificar al autor de las joyas de Zapatero
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos