O pacto de goberno faculta ó alcalde para solicitar a auditoría ó Consello de Contas
O PSOE asume a proposta formulada polos nacionalistas en 2008, cando estaban na oposición
O alcalde do Carballiño, o socialista Carlos Montes, remitiu o pasado mércores un escrito ó Consello de Contas para que este organismo se faga cargo da auditoría das finanzas municipais, asumindo o acordo plenario proposto polo BNG en 2008.
O pasado 30 de decembro, no rexistro municipal do Carballiño deuse saída a un escrito asinado polo alcalde do Carballiño, Carlos Montes Marqués, no que se solicita do Consello de Contas da Xunta a realización dunha auditoría específica pola que se poida determinar con exactitude a solvencia financeira das arcas municipais.
Nesta mesma comunicación, o rexedor socialista fai mención do requerimento do BNG encol dunha análise pormenorizada da situación económica do Concello carballiñés, asumindo así os termos da moción presentada polos nacionalistas e aprobada polo pleno da Corporación o 10 de xullo do 2008. O voceiro do BNG e actual tenente de alcalde, Manuel Amil, recoñece que a petición da auditoría volveu aparecer sobre a mesa ó efectivizarse, no pasado mes de novembro, o pacto de goberno co PSOE para garantir unha xestión estable no Concello.
Acordo
O citado pacto permitiu a suma dos oito concelleiros socialistas -antes en minoríaós catro nacionalistas, fronte ós cinco populares, agora sós na oposición. Manuel Amil lembra que o tema da auditoría era un dos puntos que dende a oposición nós esiximos ó entón gobernante en solitario, o PSOE, para a posible formalización dun acordo de goberno. Pola súa banda, Carlos Montes sinala que coa situación de crise actual nos Concellos, e concretamente no noso, non poderiamos afrontar o gasto de encargar unha auditoría a unha empresa privada, e por iso preferimos a opción de recurrir este servizo ó Consello de Contas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays