FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
POLÉMICA INDUSTRIAL
Os deputados autonómicos do PP Argimiro Marnotes e José Luís Ferro visitaron no Carballiño a empresa GRI Towers Galicia, para comprobar de primeira man as consecuencias que a paralización do sector eólico está a ter nas industrias que se dedican a este sector, como descenso da produción, busca de mercado de traballo fóra de Galicia e redución do emprego directo e indirecto.
Marnotes e Ferro manifestaron que “a parálise do sector eólico que padecemos en Galicia é inédita no resto de España e Europa, xa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é o único tribunal que bloquea por sistema os eólicos autorizados pola Xunta, insistindo nos seus recursos a pesar de que o Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza da Unión Europea avaliaron bo facer do Goberno galego, validando as avaliacións ambientais dos parques eólicos que se realizan en Galicia”.
No caso concreto da empresa GRI Towers Galicia, os seus responsables trasladaron aos deputados populares a complexa situación que están a vivir, afectados por unha “inseguridade xurídica” que desincentiva o investimento en Galicia, xa que menos dun 6% da súa produción se instalou en Galicia nos últimos dous anos.
“Ademais, o bloqueo que sofre o eólico galego non só está a devaluar a conta de resultados das empresas relacionadas con este sector, senón que tamén está a repercutir directamente no emprego que xeran”, indicaron os deputados populares no parlamento autonómico, logo de coñecer que esta empresa do Carballiño viuse obrigada a reducir o seu persoal en case un 30 por cento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana