O proceso xudicial polas mortes na canceira sigue coa cita de testemuñas
O proceso pola aparición de máis de 70 animais mortos na canceira municipal do Carballiño, en marzo de 2009, seguirá a súa canle ó citar o Xulgado de Instrucción número 1 ós responsables das instalacións naquelas datas. O xuíz asume así o fallo da Audiencia Provincial de Ourense, que estimou o recurso presentado por colectivos ecoloxistas contra o arquivo do caso que fora dictaminado (por dúas veces) polo citado Xulgado.
Deste xeito, o vindeiro 25 de abril acudirán a declarar como testemuñas a anterior concelleira de Medio Ambiente do Carballiño, a socialista María Xosé Pérez; o responsable deste servizo e dous traballadores municipais ó seu cargo. O obxectivo desta citación, tal e como demandan as asociacións Amigos da Terra, Adega e 'Matar por matar, non', e así foi recoñecido pola Audiencia, é que as persoas que tiñan responsabilidades directas na canceira (políticos e empregados municipais) aclaren as circunstancias que desembocaron na morte de máis de 70 cans no recinto que o Concello xestiona no monte de A Medela.
A denuncia formulada polos ecoloxistas motivou outras catro do Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) da Garda Civil, xa que as instalacións onde se custodiaban un total de 150 animais carecían de licencia de apertura e actividades municipais, ademais de non reunir as condicións hixiénicas axeitadas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto