ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
As inpeccións realizadas na canceira municipal do Carballiño polos axentes do Servicio de Protección de la Naturaleza (Seprona) logo da denuncia interposta o pasado 3 de marzo ante a Gar da Civil por membros das asociacións Amigos da Terra, Matar por matar non e Adega, atoparon unha serie de irregularidades no seu funcionamento.
Ademais de contabilizar a desaparición de 70 dos 218 cans que custodiaba o grupo Outeiro a 31 de decembro do pasado ano, moitos deles mortos nunha fosa aberta no mesmo recinto, os axentes comprobaron que non existe un Libro Oficial de Rexistro no que consten os datos dos animais nin o destino dos cadáveres, aseguran representantes dos colectivos denunciantes.
Por outra banda, a canceira de A Medela tampouco está dada de alta no Rexistro de Estable cementos de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia, e asemade carece de servizos veterinarios axeitados e dunha sala de curas ou primeiros auxilios para atender aos animais feridos. Por istes motivos, o Seprona presentou un total de catro denuncias ante a Delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense. A xestión das instalacións corresponde ó Concello do Carballiño dende o mes de xaneiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último