AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
MEJORAS
O Concello do Carballiño advirte que a tecnoloxía 4G está creando problemas no sinal da TDT nalgunhas rúas da vila. Segundo indican as autoridades, os afectados poden solucionar o problema contactando cun servizo gratuíto, chamando ao teléfono 900 833 999.
Os servizos móbiles de nova xeración LTE sobre a banda de frecuencias de 800 MHz dos principais operadores, comercialmente denominados como 4G, están dispoñibles no Carballiño desde finais do mes de xaneiro. A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias dos 800 MHz, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer as mellores prestacións, incrementando significativamente a velocidade de internet, sen embargo, pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT, segundo sinalan fontes do concello.
De feito, engaden que nestes días estanse producindo numerosas queixas nalgunhas zonas do Carballiño pola perda de calidade na recepción do sinal de TDT. Por ese motivo, os responsables municipales informan á poboación que nestes casos de perda de calidade do sinal de televisión, a empresa "llega800" ocúpase de solventar o problema a calquera usuario.
Para isto, ofrécese un teléfono gratuíto (900 833 999) e a páxina web: www.llega800.es. Tamén, engaden desde o concello que en caso necesario, acudirá un técnico ao domicilio do usuario que teña deficiencias na recepción do sinal, para proceder á reparación, sen ningún custo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AGENDA DE OCIO
El Entroido de Ourense se resiste a despedirse
ENTERRO DA SARDIÑA
Risas y llantos despiden el Entroido en Carballiño
UN PROYECTO DE VIDA
Oseira, motor turístico para la hostelería de Cea y Piñor
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”