Os socialistas demandan vivendas novas na Fontela
Unha proposición non de lei foi presentada polas deputadas Laura Seara e Mar Barcón ante o Parlamento de Galicia para solicitar da Xunta a execución do proxecto de erradicación do chabolismo no núcleo de A Fontela (Maside), coa construcción de novas vivendas para os seus habitantes.
As deputadas Laura Seara e Mar Barcón, do grupo socialista, presentaron no Parlamento galego unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a continuar coa actuación iniciada polo anterior Goberno autonómico e o Concello de Maside para erradicar o chabolismo no asentamento xitano de A Fontela, e os prazos que se manexan para executar iste proxecto. Laura Seara, parlamentaria por Ourense, lembra que o PSdeG vén reclamando dende o principio da lexislatura que asuma as súas responsabilidades en materia de vivenda para que, conxuntamente cos concellos, loite contra o chabolismo.
A deputada destaca que dende o grupo de goberno municipal de Maside xa se iniciaron as accións oportunas na pasada lexislatura, conxuntamente co Instituto Galego de Vivenda e Solo, para erra dicar o problema do asentamento de chabolas de A Fontela. Neste sentido, asinouse un convenio para a construcción de vivendas sociais en réxime de aluguer, cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros entre os anos 2008 e 2010.
No ano pasado, a Xunta mercou os terreos, pero a día de hoxe o alcalde de Maside, Celso Fernández, aínda descoñece as previsións que o goberno de Feijóo ten para esta actuación, sinalan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
Lalo Pavón
O AFIADOR
Xa non nos queda Portugal
José Luis Fernández Carnicero
MI PLAN PERFECTO
Lembranzas en Catalunya