Os socialistas mostran a súa satisfacción polo pacto de goberno co BNG carballiñés
A Agrupación Local do PSdeG-PSOE do Carballiño pon de manifesto a nosa satisfacción polo pacto acadado polo grupo municipal do PSdeG-PSOE e o BNG, dous partidos progresistas que acordaron as liñas de actuación nun goberno democrático e lexítimo, e no que priman os intereses xerais dos veciños, sinala o secretario do partido, Guillermo Fernández Dopazo.
Engade que iste é un equipo conformado por 12 concelleiro e que ten o meirande respaldo da historia democrática da nosa vila, xa que as eleccións de 2007 deixaron á Corporación municipal cunha maioría progresista e de esquerdas que conqueriu deixar ó PP cos peores resultados da súa historia no Carballiño.
Neste sentido, Guillermo Fernández quere recordarlle ó PP que este acordo non ten nada que ver coas actuacións de Baltar, Louzán ou Feijóo, que en lugar de propoñer pactos de goberno levan a cabo mocións de censura con tránsfugas de outros partidos, que vulneran a vontade popular libremente expresada nas urnas e o pacto antitransfuguismo consensuado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays