FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
EVENTO CULTURAL
Insua Rock&Poetry é o título da nova iniciativa que arranca este domingo na Insua dos Poetas, o espazo natural e cultural ubicado na contorna da localidade carballiñesa da Esgueva.
A Fundación Insua dos Poetas decidiu abrir a paraxe aos mozos, para que sexa un lugar de encontro entre os artistas emerxentes da provincia de Ourense. Será un festival no que se combinará a poesía coa música, fundamentalmente con rock. Estará guiada polo xoven poeta de Celanova, Alexandre Corbillón, que contará no seu recital coa música dos grupos Arpía, Atlanticides e Fireplug.
A Insua dos Poetas sempre tivo en conta aos mozos e de feito organiza ao longo do ano varias actividades e festexos nos que son os protagonistas, como na celebración da Auga, da Árbore e da Poesía, no Entroido ou no Magosto, entroutras iniciativas nas que participan os escolares.
Neste caso serán os mozos da xeración Z os que tomen as riendas, convertíndose nos protagonistas da celebración da literatura, da lingua, da música e das artes plásticas, un combinado cultural nun paraxe natural espectacular.
Alexandre Corbillón considera que con esta iniciativa trátase de “brindarlles un soporte ás xeracións emerxentes da poesía, música e outras disciplinas”
O festival, de entrada libre como todo o que se organiza na Insua dos Poetas, comezará ás 19,00 horas cun acto de presentación que dará paso á música combinada cos recitais de poesía e tamén á presentación do último libro do xoven poeta que se publicará en próximas datas, segundo declarou o mesmo autor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta