PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS
O Festival Internacional de Curtametraxes “Xociviga Ano 0” chegou ao seu fin este domingo despois de catro días nos que se proxectaron preto de 50 traballos audiovisuais, e fíxoo coa entrega dos galardóns aos premiados.
No apartado de mellor videoclip galego, outorgado tras unha votación por redes sociais, o gañador foi “Esto es Sunwalk”, dirixido por Enrique do Rosario e Javi Sega.
O premio do público á mellor curtametraxe, cunha nota media na votación de 8,67, foi para “Volcelest” de Éric Briche, a curta de animación francesa que xa pasara con éxito polo Festival Internacional de Cannes.
Un xurado xove foi o encargado de valorar a recoñecer as mellores obras da sección “Xénese”, composta por dez pezas dirixidas por directores menores de 30 anos, outorgando unha Mención de Honra a “La niña Tatuada” de Elisa Lanzas, e o Premio Xénese a Mellor Curtametraxe a “Las Pardas” de Simone Sojo.
O xurado profesional, formado por Matilde Rodríguez, Bruno Arias e Lucía Martínez, concedeu unha Mención de Honra da sección principal do certame á curtametraxe “Beautiful Men” de Nicolas Keppens, mentres que o premio “Xente de Aquí” á mellor curta galega recaeu en “Pura” de Carmen Méndez. O premio “Xentes” á mellor curtametraxe do certame foi para “A summer’s end poem” de Lam Can-Zhao.
O Festival incluíu ademáis a sección “Xermolar”, xa fóra de concurso, coa proxección de curtas infantís dirixidas aos escolares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
ASUMIRÁ INICIALMENTE EL CONCELLO
Dos días con el cadáver de su marido en casa por no tener dinero para enterrarlo en O Carballiño
Lo último