ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
Un dúo musical amenizou a xornada polo serán
Un total de 300 persoas integradas en oito asociacións participaron na Festa dos Veciños do Concello de Piñor, que na súa quinte edición se celebrou onte na parroquia de A Corna. O programa abriuse cunha misa na igrexa de Santa María do Desterro para logo trasladarse os participantes á carballeira situada no mesmo entorno da capela.
Ó mediodía, un grupo de acordeóns dirixido polo profesor Daniel Meiriño anticipou a hora do xantar, que deu comezo pasadas as dúas da tarde e que tiña un custe de 15 euros por persoa, cunha rebaixa a 10 euros para os menores de 10 anos. Entremeses variados, empanada de carne e atún, mexilóns ó vapor, carne asada e un postre de bica e amendoados de Allariz deleitaron ós comensais.
Sorteo O presidente da Asociación de Veciños de A Corna, Serafín Bueno, comandou a oito improvisados camareiros xóvenes da parroquia, e sinalou que estamos moi contentos pola xente que acudiu a esta cita, que xa é tradicional. Una exhibición de vehículos clásicos -un Seat 600 de 41 anos entre elesfoi moi admirada polo público, que a partires das cinco do serán bailou baixo os acordes do Dúo Caché, antes do pregón de exaltación, que correu a cargo do profesor Xosé Paz. Un sorteo decidirá se os veciños de Loeda ou os de Torcela organizan a sexta edición da xuntanza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROTEIRO MANUEL MARÍA
Avantar celebra as Letras Galegas cunha “Afroliada”
64 AÑOS DE HISTORIA
La Festa do Pulpo unirá Carballiño y Lanzarote
OTERO PEDRAYO
Homenaxe á Xeración Nós na Insua dos Poetas
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 23 de mayo