DAÑADAS POR LAS LLUVIAS
Castro Caldelas mejora pistas rurales contra los fuegos
16 de maio
Castro Caldelas volve poñer en valor a súa pegada histórica e lingüística coa celebración da terceira edición dos Premios Foro do Bono Burgo, un acto que se consolida ano tras ano como unha homenaxe ao idioma galego e a quen o defende desde distintos ámbitos. A cita será o 16 de maio, ás 18:30 horas, na Igrexa do Burgo, nun acto que servirá de antesala ás celebracións do Día das Letras Galegas.
A escolla de Castro Caldelas para esta celebración non é casual. Este 2025 cúmprense 797 anos do Foro do Burgo de Caldelas, considerado o primeiro texto conservado en lingua galega. Desde hai tres anos, coincidindo cos 795 anos daquela data histórica, instauráronse estes premios que recoñecen o labor de persoas e entidades que contribúen á promoción e dignificación do noso idioma. E xa se mira cara ao 2028, cando se celebrarán os 800 anos daquela primeira testemuña escrita en galego.
Nesta terceira edición, o galardón será entregado a nomes coñecidos e comprometidos coa lingua: Carlos Prieto, delegado do Goberno en Cataluña; a Fundación Novoneira; a escritora Marica Campo; o etnógrafo e músico Xosé Lois Foxo; a profesora e investigadora Olga Iglesias Fontal; o Centro Galego de Castellón “O Aturuxo”; o Colexio Inmaculada-La Salle e a súa Asociación de Antigos Alumnos, e a xornalista caldelá Lucía Rodríguez. Unha escolma que representa a diversidade de camiños desde os que se defende e promove o galego.
O acto será conducido polo xornalista e director da UNED de Ourense, Jesús Manuel García Díaz, e ao remate serviranse uns petiscos con produtos locais, acompañados de viño da Ribeira Sacra e a tradicional bica manteigada de Castro Caldelas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DAÑADAS POR LAS LLUVIAS
Castro Caldelas mejora pistas rurales contra los fuegos
DE QUIROGA AL MUNDO
De Kuwait y las altas esferas a la quietud del rural de Castro Caldelas
Lo último
Julián Pardinas Sanz
Una “verdad” bajo sospecha
OBRAS E SALARIOS
Bande aproba un orzamento superior aos dous millóns
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Esencias
SIN PLAY OFF
El Barco y el Barbadás despiden la liga el domingo