Os gandeiros de Caldelas visibilizarán a súa loita antes da Festa dos Fachós
RECLAMACIÓNS DO SECTOR
Con anterioridade á visibilización do malestar dos gandeiros, inaugurarase o “Museo dos Fachós”, unha sala expositiva e inmersiva no castelo que amosa o proceso da Festa dos Fachós
Os gandeiros de Terra de Caldelas continúan mobilizados co fin de reivindicar que os seus intereses sexan respectados, nun contexto de preocupación polas consecuencias que pode acarrear para o sector a sinatura do acordo comercial entre a UE e o Mercosur.
Con ese obxectivo, un grupo de tractores ocupa dende o sábado á mañá a Praza do Prado de Castro de Caldelas e as rúas de vilas para reinvidicar e facer visible a súa loita. O goberno municipal, pola súa banda, amosou a súa “solidariedade coas preocupacións dos gandeiros e as súas explotacións”.
Na tarde deste luns, no preludio da Festa dos Fachós, o Concello porá a disposición dos gandeiros dende as 18,00 horas un altofalante para que poidan “explicar a veciños e visitantes os problemas que consideran lles van afectar”, coa presenza da alcaldesa, Sara Inés Vega. Ademais, farán un percorrida pola vila cos tractores.
Museo dos Fachós
Con anterioridade, este luns ás 12,00 horas está previsto que se inaugure o “Museo dos Fachós”, unha nova sala expositiva no castelo-fortaleza de Castro de Caldelas que rende homenaxe á Festa dos Fachós. O visitante sentirá que “forma parte da festa nunha sala escura con proxectores que visualiza todo o proceso: o polvo, o lume, a palla, a calor, será como estar dentro del”. Dende o Concello sinalan que amosará “o enorme traballo de ano e medio antes, e culmina na máxica noite dos Fachós”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
GASTRONOMÍA CON ENCANTO
Cinco lugares para comer y huir del calor de Ourense
ESTILISTAS
Los arquitectos invisibles del estilo