ALTA DEMANDA
Celanova forma futuros ayudantes de camarero
Tradición
Hai 47 anos, o párroco de Celanova, César Iglesias, comezou un pequeno grupo de gaita e baile tradicional. Catro décadas despois, Lembranza Solpor conságrase como un dos referentes na divulgación da cultura tradicional galega e a formación musical e de baile, converténdose no representante de Galicia no festival Printemps des Sonneurs, celebrado na cidade de Brest, na Bretaña francesa.
Esta cita reúne cada ano a centos de profesionais e amantes da música e danza tradicionais para desfrutar das “bagadoù”, o nome que reciben as bandas de gaitas, moi arraigadas na Bretaña francesa. David Vilariño, natural de Xinzo de Limia e director da agrupación dende fai catro anos, destacou a relevancia do festival no que “representaremos a Galicia e a nosa cultura”.
Dos máis de 130 alumnos cos que conta a escola, ademais do grupo de baile, a murga tradicional, cantareiras e a Banda de Gaitas, serán corenta persoas as que hoxe viaxen cara terras galas. “Imos o grupo de gaitas e a murga tradicional”, explicou Vilariño, “pero moitas das persoas das que tocan a gaita tamén bailan, polo que faremos unha mostra de todo ao longo da fin de semana”.
A primeira actuación será o venres, 10 de abril, cando Lembranza Solpor participe no “fest-noz” do Printemps des Sonneurs, un evento previo á celebración do propio festival, no que compartirán escenario con grupos de primeiro nivel antes do prato forte, que será o sábado 11 de abril. Ao longo do día, as rúas de Brest acollerán desfiles, actuacións e concertos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ALTA DEMANDA
Celanova forma futuros ayudantes de camarero
HOMENAXE ÁS TRADICIÓNS
Vilanova dos Infantes vive o orgullo galego no Día das Letras Galegas
Lo último
NARRATIVA BREVE EN GALLEGO
El XI Premio de Novela Corta Antón Risco 2026 ya tiene ganador: “Azul”, de Mon G. Buhigas
ATENTADO CONTRA LA AUTORIDAD
Cuatro detenidos y tensión en el aeropuerto de Bilbao durante la llegada de activistas de la Flotilla Global Sumud