MOSTRA DAS HISTORIAS
Celanova rescata 200 vidas de mulleres vítimas do fascismo
RUTA INTERNACIONAL
Celanova converteuse este Domingo de Resurreción na capital dos amantes do motor coa Xuntanza e Ruta Internacional de Motos e Coches Clásicos, unha cita enmarcada na celebración da X Festa da Faba das Sete Semanas que acolle o Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador.
Dende primeira hora, un cento de coches, motos e ata cabezas de trailer, pasaron pola Praza Maior de Celanova antes de saír cara Xinzo de Limia, onde aproveitaron para almorzar antes de saír cara Portugal. Logo de pasar por Baltar, a amalgama de clásicos entrou en terras lusas para visitar o Armazén de Memórias de Montealegre. A mediodía foi o momento de voltar a Celanova, pasando por Calvos de Randín, Muíños e Bande, desfrutando dun clima “perfecto” para unha ruta polo patrimonio natural galego. Foi cara ás 14,30 horas que os centos de amantes do motor aparcaron ao carón do Mosteiro de San Salvador para xantar: “Case chegamos ás 500 racións. Entre coches, motos o público habitual, foi unha loucura”, dixo Julio Gosende, o organizador do evento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOSTRA DAS HISTORIAS
Celanova rescata 200 vidas de mulleres vítimas do fascismo
VERANO CULTURAL
Celanova, villa de las mil danzas al calor de Abanea
ENCONTRO INSTITUCIONAL
Reivindicación do Camiño do San Rosendo en Celanova
Lo último
Amplio dispositivo de seguridad
Vídeo | Dos millones de personas celebran en el Obelisco el pase de Argentina, desde el aire