COMERCIO LOCAL
El mercado de Celanova será un Espazo Efémero
TURISMO CULTURAL
A Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez en Celanova foi o escenario escollido para a presentación dun traballo académico arredor das potencialidades do turismo na vila de San Rosendo nos seus distintos eidos, obra do veciño José Antonio González López.
Baixo o nome “Diagnose turística do concello de Celanova”, o autor deste traballo de fin de mestrado na Universidade de Vigo deu lectura a esta análise do sector turístico de Celanova, baseado no seu patrimonio histórico, monumental, natural e tamén gastronómico.
Ademais de afondar no potencial intrínseco de Celanova como destino turístico, este traballo académico sobre o seu potencial reclamou tamén o liderado político e a participación da sociedade civil, co fin de planificar unha oferta orientada ao turismo cultural.
Asistiron ao acto Antonio Puga, alcalde de Celanova; José Antonio Fraiz Brea, director do mestrado de turismo e titor do traballo; Emma González Diéguez, xerente do Inorde, e Alexandra Seara Sobrino, xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMERCIO LOCAL
El mercado de Celanova será un Espazo Efémero
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
ARTE Y EDUCACIÓN
El Festival Rebulir reúne un total de 12 compañías
Lo último
OBRAS, LLUVIAS Y SECTOR PRIMARIO
La “tormenta perfecta” hace mella en el tráfico de Xinzo
ACUSACIONES POR LOS INCENDIOS
Vandalizan con carteles la sede del PP en Ourense
UNA INICIATIVA PARA EL EMPLEO
Valcárcel vuelve a cargar contra la desidia de Vila
PLENOS EXTRAORDINARIOS
Luis Menor, presidente de la Diputación: “O que ocorre no Concello de Ourense non é normal”