NUEVO CONVENIO
Celanova impulsa la mejora del saneamiento
41ª EDICIÓN
O xurado do premio “Celanova, Casa dos Poetas”, presidido por Antonio Puga, concedeulle o galardón desta 41ª edición á Compañía de Teatro Sarabela “pola súa longa traxectoria no ámbito sensorial da representación escénica, así como polo compromiso permanente demostrado coa veracidade, a honestidade e a autenticidade da que teñen feito gala, tanto cos textos escollidos para as súas representacións, coma co público ó que se teñen presentado sen máis ferramentas ou artificios cós da súa transparencia na fidedigna relación unívoca existente entre o actor e espectador”, segundo se recolle na acta.
Con este recoñecemento, a Fundación Curros Enríquez desexa valorar que esta compañía nunca renunciou as súas orixes ourensás, “por máis que tódolos seus compoñentes teñan abordado nas súas individuais traxectorias profesionais, propostas de traballo, no só no ámbito do teatro, senón no resto de linguaxes escénicas do audiovisual, onde non teñen, senón, refrendado a súa calidade como actores e actrices dotados dunha inmensa valía persoal e profesional”, sinala o xurado.
Así mesmo, destaca a súa faceta como formadores e como verdadeiros divulgadores do teatro, tanto por medio das escolas de teatro nas que participan, como nos eventos teatrais que organizan anualmente en Ourense, e dicir, o “FITO”, a “MITEU” ou o “MOTI”.
Por outra banda, o padroado destaca as máis de 11.000 persoas atendidas pola Fundación Curros Enríquez, sinalando que a Casa dos Poetas acolleu numerosas actividades, como exposicións, conferencias, proxeccións, xornadas de convivencia ou colaboracións con outras institucións; referíndose tamén ás presentacións de libros, ata un total de 23.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO CONVENIO
Celanova impulsa la mejora del saneamiento
TRES DÍAS DE ACTIVIDADES
Fin de puente en Celanova con un maridaje de callos y compras