MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
DÉCIMO OITAVA EDICIÓN
O Festival de Baile “Baila conmigo” celebra a súa décimo oitava edición en Celanova. Logo de case dúas décadas de traxectoria, o evento consolídase como un dos referentes da danza en Galicia, manténdose como “o evento máis lonxevo da Península Ibérica e posiblemente do continente, na súa categoría”, afirman dende a organización.
Serán un total de 28 participantes entre compañías de baile, escolas, grupos, parellas e solistas, contando con representación de oito nacionalidades. Entre elas, atópase a compañía italiana “Tropical Gem”, considerada a mellor compañía de baile do mundo. O alcalde de Celanova, Antonio Puga, afirmou que acoller actuacións dos mellores bailaríns “é algo de valorar moitísimo”, o organizador do Festival, Modesto Vispo, aclarou que “o nivel artístico e competitivo do festival queda reflectido no palmarés dos bailaríns participantes”.
A programación desta edición arrincou onte co “Pre Festival” aberto ao público. Ás 19,30 horas celebrouse unha clase gratuíta antes do baile social na Praza do Millo, sendo que hoxe haberá outra nova clase gratuíta e baile na Praza das Pitas. Alén das exhibicións e competicións, contará con dezanove obradoiros dirixidos a bailaríns de tódolos niveis.
O Claustro Barroco acollerá as clases a partir de mañá, e, pola noite, a partir das 22,30 horas, a Praza Maior acollerá o concurso de salsa e bachata. Esta edición do festival amplía o concurso “Baila baila”, incluíndo categorías infantís ata 14 anos e permitindo a participación de solistas, parellas e grupos. As exhibicións do sábado terán lugar no Auditorio Municipal Ilduara a partir das 21,00 horas, onde máis de 120 bailaríns pasarán polo escenario ao longo da velada, e o baile social será no Refectorio do Claustro.
O festival contará ademais coa presenza do compositor Guillermo Castro, galardoado nos Premios Latino polo seu soado tema “Galicia baila”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MULTITUDINARIA ROMERÍA
Vilanova dos Infantes baila por la Virgen de O Cristal
ROMERÍA POPULAR
Los fieles llenaron Rabal, en Celanova, con su devoción mariana
Lo último