Celanova, terra de enigmas
REPORTAXE
Por que se chama ‘do millo’ a praza do Mediodía, cal é o nome correcto do mosteiro de San Rosendo ou quen escribiu o poema Follas Secas. Estes son algúns dos enigmas que teñen que resolver os participantes da xincana de Celanova, a nova proposta lúdico-cultural da Fundación Curros Enríquez.
As rúas da vila enchéronse onte de bullicio, carreiras e risas con motivo da xincana cultural protagonizada por estudantes de Celanova e de Betanzos, con motivo da xornada de convivencia organizada entre ambos centros. “O obxectivo é facer un intercambio lingüístico para potenciar a lingua galega entre a mocidade de lugares tan distintos como poden ser un pobo da costa como Betanzos e Celanova, no interior. Nós xa fomos a Betanzos, e hoxe temos diferentes actividade en galego para que coñezan Celanova”, trasladaba Rafa Adán, docente no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.
A Fundación Curros Enríquez sumouse á xornada cunha proposta de xincana que permitiu aos mozos, os visitantes e tamén aos locais, coñecer un pouco máis a historia e o patrimonio celanovés. “É algo diferente, está moi ben”, comentaba Sabela Fraga e Sara Martínez, do IES As Mariñas antes de comezar a proba que lles levou dende a praza das Pitas ata a Alameda, pasando polo busto de Pepe Velo, Curros Enríquez e rematar na Praza Maior. “A xincana está pensada para o coñecemento da historia da vila, os seus personaxes… averiguar cosas nos propios lugares, pero tamén preguntando aos veciños ou buscando en internet”, resumía Paula Conde, responsable da Casa dos Poetas, que onte instalaba un posto na Praza para verificar os acertos e guiar ao alumnado ata completar o xogo. “A idea é ver como funciona entre os escolares para incorporalo as visitas e tamén facer adaptacións para familias e visitantes en xeral”, dixo Conde, nunha nova oferta para coñecer o patrimonio celanovés.
O equinocio de primavera marca o inicio das visitas escolares á vila de San Rosendo. A maridaxe de historia, arte, música e literatura galega nos programas que lidera a Fundación Curros Enríquez atraen cada ano a centos de escolares de toda Galicia. Ata o de agora, un total de 40 colexios confirmaron a súa participación no programa “Ven a coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio Ferreiro”. Algún, como o IES Moncho Valcárce das Pontes, o fixo por quinta vez este luns, recibindo de mans do alcalde e presidente da fundación, Antonio Puga, un certificado pola súa fidelidade con Celanova. O ano pasado houbo tres centros que superaron as 15 visitas e este ano vai ser un máis. “A zona de Vigo, Nigrán e Tui son as máis fieis”, desvelaba Conde, quen apuntou o repunte, este ano, da presencia de centros da provincia da Coruña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
El Banco Central Europeo pisa el freno
PREFERENTE
El Arnoia quiere estrenarse esta temporada
Miguel Anxo Bastos
Extrema-direita em Alemanha
16 EXPOSICIONES
El Auditorio de O Carballiño recibirá el otoño entre fotografías