SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
60 PEZAS
A exposición sobre a Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes, unha iniciativa promovida polo escritor Xosé Manuel del Caño coa colaboración do Concello de Celanova e da Fundación Curros Enríquez, suma unha nova peza do escultor Leandro Sánchez.
O artista mallorquín afincado dende hai anos en Ourense fixo entrega nas dependencias municipais dunha peza cerámica da Torre da Homenaxe e, no seu interior, unha imaxe da Virxe do Cristal. “Celanova é un sitio moi especial que sempre me tratou moi ben. Cando Del Caño me chamou para facer algo, pintei un cadro da torre e da igrexa. Quedei satisfeito, pero pensei en facer algo máis”, dixo.
“Para o Concello de Celanova é unha honra contar con este novo traballo, que se sumará á exposición colectiva que se pode visitar na Torre da Homenaxe de Vilanova dos Infantes”, dixo o alcalde, agradecendo a Leandro Sánchez, así como aos demais autores que participan nesta homenaxe colectiva, que se pode visitar en Vilanova. A colección, que comezou con 30 pezas doutros tantos autores galegos, suma xa 60 obras de 50 artistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
TEATRO Y LITERATURA
Celanova invitó a vivir el Camiño de San Rosendo
Lo último