ENCONTRO INSTITUCIONAL
Reivindicación do Camiño do San Rosendo en Celanova
ENCONTRO INSTITUCIONAL
Unha delegación institucional do Concello de Celanova, presidida polo alcalde Antonio Puga Rodríguez, participou este fin de semana na recepción oficial das cidades irmanadas e amigas de Santo Tirso, organizada pola Cámara Municipal de Santo Tirso no marco das festas de São Bento.
Trátase dun acto de confraternización e amizade que reforza os lazos que unen ambas as comunidades, vinculadas historicamente pola figura de San Rosendo, e que permite ademais a Celanova establecer novas relacións e vías de colaboración con outras cidades irmanadas con Santo Tirso, este ano un total de 14 procedentes de países como Alemania, Brasil, Cabo Verde, Francia, Inglaterra, Italia, Luxenburgo e Santo Tomé e Príncipe.
Durante a súa intervención, o alcalde celanovés Antonio Puga puxo en valor a relación de amizade e colaboración institucional que Celanova mantén con Santo Tirso, e amosou a súa vontade de seguir traballando de xeito conxunto en beneficio de ambas as comunidades.
Neste sentido, reivindicou a importancia da cooperación e de fomentar o intercambio cultural, educativo, social e económico para o crecemento dos pobos, e de manter políticas de proximidade, orientadas a resolver os problemas e necesidades da xente no día a día. Así mesmo, puxo de manifesto a importancia do Camiño de San Rosendo a Santiago como elemento de unión entre ambos os concellos, así como a súa relevancia para a dinamización turística do territorio.
Algo que tamén resaltou na súa intervención Alberto Costa, presidente da Câmara Municipal de Santo Tirso, quen engadiu a creación dun albergue para peregrinos e melloras no eido da sinalización na cámara lusa. Precisamente na freguesía de San Miguel do Couto, lugar de nacemento do santo celanovés, está o quilómetro cero deste Camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO INSTITUCIONAL
Reivindicación do Camiño do San Rosendo en Celanova
COLEGIO DE INGENIEROS
Montero Vaz, premio a la excelencia y compromiso
Lo último