POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
CERTAME LITERARIO
Castelao centra no que resta de ano a actividade cultural que se desenvolverá na Insua dos Poetas, na Esgueva de Madarnás (Carballiño). Un certame literario, a edición dun libro ou a colocación dun novo monumento, son algunhas das iniciativas que terán lugar ao redor da súa figura.
A Fundación Insua dos Poetas acordou, na recente xuntanza do seu Padroado, sumarse ás accións a desenvolver en toda Galicia e na nosa diáspora, polo 75 aniversario do falecemento de Alfonso Daniel R. Castelao neste 2025, declarado polo Parlamento e a Xunta de Galicia como Ano Castelao.
Esta iniciativa, a primeira que se presenta na provincia de Ourense para honrar a Castelao e difundir a súa obra e o seu exemplo, segundo apunta o presidente da fundación, Luis González Tosar, contará co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Deputación de Ourense.
As actividades, que terán lugar no predio da Esgueva, comezarán o próximo 21 de marzo, entrada da primavera, coa Celebración da Poesía, a Árbore e a Auga, destinada ós centros de ensino da comarca do Carballiño, xunto co IES de Castro Caldelas, como convidado especial. Castelao, vida e obra, e a Poesía popular (sobre a que versará o Día das Letras Galegas) serán os temas a desenvolver nesa data, a partir das 11,00 horas. Na segunda parte do acto vaise proceder, como en anteriores edicións, á plantación de árbores autóctonas, por parte do alumnado, profesores e autoridades presentes.
O 25 de abril, Día do Libro, será o acto de entrega dos premios do Certame literario “Castelao na Insua”, dirixido a escolares de 3º e 4º da ESO, así como de 1º e 2º de Bacharelato dos centros de ensino da provincia de Ourense. Ese día, a figura e a obra de Castelao terán tamén un protagonismo principal.
Dito certame conta con dúas modalidades: poesía e narrativa. Trátase de incentivar a creatividade glosando nos seus traballos ó narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante, pintor, político e pai da patria galega. O prazo de presentación permanece aberto desde o pasado 24 de febreiro e rematará o 18 de abril. As bases pódense consultar nas redes sociais da Insua, ( Instagram @insuadospoetas ou escribindo ó correo secretaria@ainsuadospoetas.gal).
Na mesma liña, o sábado 19 de xullo terá lugar a XVI edición da Festa da Palabra na Insua dos Poetas, dedicada a Alfonso Daniel R. Castelao. Está previsto colocar un monumento representativo do homenaxeado, obra que correrá a cargo do artista ourensán Antón Pulido. “Con esta, serán dezaoito as pezas escultóricas instaladas na Insua, un espazo cultural de sete hectáreas no Carballiño, único en toda Galicia, no que a natureza dialoga coa literatura e as artes plásticas”, matiza Luis González Tosar.
Tamén figura, neste amplo e ambicioso programa arredor do escritor, artista e político, a coedición, coa Editorial Galaxia, do libro “Castelao escritor” de Eduardo Blanco-Amor, publicado en 1986, centenario do seu nacemento. A esta obra váiselle engadir o discurso, inédito “No enterro de Castelao”, “fermosa peza oratoria que Blanco-Amor pronunciou o 8 de xaneiro de 1950, para despedir os restos do ilustre exiliado no Panteón do Centro Galego de Bos Aires do cemiterio da Chacarita”, sinala o presidente da fundación.
Esta nova etapa de pulo e dinamismo da Insua dos Poetas no 2025 complétase con dúas importantes iniciativas; a creación de Centros de Ensino Colaboradores para establecer unha rede de colexios e institutos que anualmente propoñan actividades e participen nelas cos seus profesores e alumnado; e a apertura á integración da xuventude, a través do proxecto Mocidade da Insua, “interesantísimo proxecto para achegar a Insua ás mozas e mozos de toda Galicia e da emigración galega que ofrezan a súa creatividade”, conclúe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
"DIFAMACIÓN E DESPREZO"
Sofía García deja el BNG por discrepancias con el Consello local de O Carballiño
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia