Xosé Benito Reza revela os segredos da capela de San Miguel no seu último libro
PRESENTACIÓN LITERARIA
O autor da obra presentada, Xosé Benito Reza, asegurou que Celanova "merece un centro de interpretación dende hai moito tempo"
A Casa dos Poetas da Fundación Curros Enríquez en Celanova acolleu onte a presentación do libro “Ciencia e misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel”, obra de Xosé Benito Reza.
Esta autoedición, en torno a unha capela con máis de mil anos de antigüidade, estará dispoñible nas librarías a partir deste luns, en dúas edicións: galego e castelán.
O autor estivo acompañado por Noelia Rodríguez, profesora de historia no IES Celanova CEF, así como polo expolítico celanovés Maximino Rodríguez.
Tamén estivo presente Antonio Puga, alcalde da vila e presidente da Fundación Curros Enríquez, así como numerosos veciños que non quixeron perder o acto.
Peticións do autor
Na súa alocución, Reza enumerou tres accións que, na súa opinión, habería que levar a cabo na vila. Primeiramente, limpar a capela de San Miguel: “Non pode estar con herbas no tellado, como está agora”.
En segundo lugar, procurar o paradoiro de Froila, irmán de San Rosendo e impulsor da capela, “co uso do xeorradar, practicamente sen escavar”.
Por último, pediu un centro de interpretación que poña en valor os monumentos de Celanova, entre eles cinco BICs.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el asombro
DISEÑADORA EMERGENTE
Julie Kegels: la gran promesa de la moda tiene nombre belga
Jorge Vázquez
SENDA 0011
La uva no mira el calendario
PARTIDO COMPLICADO
El Verín repite en el José Arjiz para recibir al duro Villalonga