Os produtores reclaman un maior apoio ao sector no OUFF

INCENTIVOS FISCAIS

O encontro reuniu en Ourense a asociacións e federacións de produtoras de distintos puntos de España para analizar os retos de la producción independiente, con especial atención á regulación, ao financiamento e aos incentivos fiscais

Óscar Doviso, Marcos Álvarez e Felipe Lage.
Óscar Doviso, Marcos Álvarez e Felipe Lage. | Alan Pérez

O OUFF acolleu o IV Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras, que durante tres xornadas reuniu en Ourense asociacións e federacións de distintos puntos de España para debater sobre o presente e o futuro da produción independente.

“Para o festival é unha honra poder ter isto”, destacou o director artístico do OUFF, Óscar Doviso, quen incidiu na importancia de “facer visible o traballo que se fai desde estes encontros para o mundo do cinema”.

Para Felipe Lage, presidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e produtor executivo de Zeitun Films, “hai grandes resultados, pero necesítase tamén facer as cousas mellor”, sinalando necesidades en materia regulatoria, fiscal e de financiamento.

Entre as principais preocupacións aparece a nova lexislación audiovisual e a definición do produtor independente. Lage reclamou “un marco xurídico favorable e moderno”, ademais de reforzar os incentivos fiscais e a posición das produtoras nas negociacións con plataformas e televisións.

Contenido patrocinado

stats