30 ANOS DE TRABALLO
O arrecendo do pan que xa non sairá do forno da panadería Chandrexa
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou co alcalde de Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez, o convenio para executar a humanización dunha parcela municipal en Celeiros, onde se creará un espazo peonil con zona verde e unha edificación para uso recreativo. A Xunta investirá máis de 165.000 euros, o 70 por cento do orzamento, asumindo a execución das obras, mentres que o Concello achegará algo máis de 70.000 euros.
As actuacións permitirán crear un novo punto de encontro para a veciñanza, con espazos pensados para feiras, actividades ao aire libre, lecer ou uso das persoas usuarias da residencia de maiores. Ademais, incluiranse mobiliario urbano, zonas axardinadas, aparcabicis e iluminación led, integrando a nova infraestrutura coa contorna natural e urbanística do lugar.
O edificio de uso recreativo deseñarase con materiais que favorezan a súa integración paisaxística e permitirá acoller actividades mesmo en días de choiva. O proxecto completarase coa instalación dun sistema de saneamento e dunha varanda que comunicará os distintos espazos e enmarcará as vistas ao encoro. O prazo de execución previsto é de cinco meses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE TRABALLO
O arrecendo do pan que xa non sairá do forno da panadería Chandrexa
TAMBORES E TRADICIÓN
Galería | Chandrexa goza dun desfile de folión cheo de cor e son
INFRAESTRUCTURAS
Chandrexa recupera el lavadero público de Rabal
RIESGO SÍSMICO
Chandrexa y Parada, en Ourense, son vulnerables a terremotos
Lo último
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
HISTÓRICO ASCENSO
El Antela sigue de fiesta tras el ascenso a Tercera Federación
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A noite da tradición