O campo de fútbol de Barra de Miño estrea cuberta e melloras no illamento das estancias
60.000 EUROS DE INVERSIÓN
A Xunta de Galicia financiou con 60.000 euros as melloras no campo de fútbol de Barra de Miño, incluíndo unha nova cuberta e actuacións para reducir humidades e mellorar a eficiencia enerxética, dentro do apoio a concellos pequenos para garantir servizos municipais de calidade.
O campo de fútbol de Barra de Miño, en Coles, estra nova cuberta e melloras no illamento das estancias, así como nos vestiarios. As obras pretenden reducir as humidades e filtracións que provocaba a choiva e tamén mellorar a habitabilidade, salubridade e reducir o consumo enerxético.
Hoxe, visitaron o campo a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, para comprobar as obras de mellora realizadas co apoio do Goberno galego, que achegou 60.000 euros do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.
A directora xeral explicou que a través desta medida búscase atender as necesidades das localidades de menor poboación, para garantir a mellor calidade na prestación de servizos municipais a toda a poboación galega, con independencia do lugar de residencia.
No pasado exercicio houbo case un cento de concellos beneficiarios en toda Galicia. Deste total, 28 son da provincia de Ourense, aos que se destinou un orzamento superior aos 1,5 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INVESTIGACIÓN ABIERTA
La vida interior de El Descanso: mugre, violencia, drogas y esclavas sexuales
APROVECHABA QUE IBAN A MISA
Detenida una trabajadora doméstica en Coles por robos de más de 30.000 euros a personas mayores
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima