Coles mostra a súa riqueza natural e gastronómica
“Coñece e saborea”
A actividade “Coñece e saborea” ofreceu un roteiro pola vila e unha degustación de produtos
Preto de medio centenar de persoas procedentes de distintos puntos da comunidade galega participaron esta fin de semana na actividade “Coñece e saborea Coles”, organizada por Adercou e o Concello. Ao longo da mañá do domingo os visitantes puideron descubrir os recursos que ofrece o concello. A primeira proposta consistiu nunha ruta interpretativa de Coles.
O roteiro comezou na Igrexa medieval de San Eusebio da Peroxa, pasando logo polas fincas do Pazo do Bamio e da Casa Grande de Lagariños. Tamén se percorreu o sendeiro do bosque de carballeira que comunica as aldeas de Mira de Cima, Ferreiros e A Torre, así como un tramo do pequeno canón do río de A Barra, que nalgúns puntos ofrece fermosas vistas sobre o val do río Miño ao seu paso polo concello de Coles. Logo dun percorrido de 11 quilómetros e medio, os participantes regresaron ao punto de inicio.
Foi alí, Reitoral de San Eusebio, onde puideron gozar dunha degustación e feira de produtos locais, grazas á Adega Vides Singulares e en colaboración do Concello de Coles. Os participantes, que chegaron dende lugares como Vigo, Marín ou Santiago, quedaron marabillados co entorno e tamén cos produtos que ofrece a localidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESPERANZA A PESAR DE LOS PROBLEMAS
Navidad y duelo: aprender a convivir con los que ya no están
SEGURIDAD VIAL
Diez años del radar de Gustei: un 90% menos de falecidos
SITUACIÓN INSÓLITA
Tensión en Coles: un vecino investiga al 25% de su pueblo
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 15 de febrero?
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 15 de febrero, en Ourense
ZONA VERDE
La flor del membrillo