ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
A falta de cinco días para que se pechen as votacións da primeira fase de “Juntos brillamos más”, Celanova vive con ilusión a súa participación no concurso para acadar a iluminación de Nadal de Ferrero Rocher.
Como se está a vivir o concurso?
Esta primeira fase das votacións, que remata o día 16, estanse a vivir con moitísima participación, con moitísima ilusión por parte de todos. Con chamadas continuas da xente: que xa votou, que xa lle pediu á familia, aos coñecidos… Esperanzados, xovenes e maiores, en que sexamos un dos municipios que pasemos á segunda fase.
Que supón a participación para o concello?
Para Celanova supón visualización, alegría. Un elemento máis de poñernos, máis se cabe, no mapa. Máis visualización, máis turismo, máis xente no pobo.
Celanova é música, poesía, historia e, segundo o lema escollido por Ferrero Rocher, sabor?
Celanova é sabor tamén, si. E como lle dicía eu aos representantes de Ferrero Rocher, en Celanova houbo tamén uns mestres chocolateiros, unha fábrica de chocolates, e por iso estamos máis que intimamente relacionados.
Como xurdiu a elección de Celanova?
Todos os anos teñen uns criterios, que van cambiando, para elixir aos pobos que van a participar no concurso. Este ano, onde os pobos que participan son similiares en poboación (salvo La Alberca que ten unha poboación moito máis pequena), a elección de Celanova está intimamente relacionada co mundo da cultura, cos poetas de Celanova, e co todo o que supón a cultura e o turismo de Celanova.
Que tal a experiencia no ‘backstage’?
Lembro que o rodaxe foi un tanto estraño porque nos coincidiu cun día de moita choiva, de frío, o que dificultou a gravación. Pero visto a posteriori, e pensando no Nadal, resultou un día axeitado. Unha rodaxe no que participaron moitísimos veciños e si, tiñamos esa petición de manter a cousa un pouco en silencio e que non transcendera ata a presentación. A gala en Madrid foi moi ben. Os pobos que participan son bonitos, pero Celanova participa neste concurso para gañar, fomos a gañar e imos intentar gañar.
Que lle pediría aos galegos para que se mobilicen?
Transmitir precisamente iso, que somos a única vila galega que participa. Que seguro que os veciños doutros lados se senten identificados cos seus pobos e para eles son os máis bonitos, pero neste caso trátase de apoiar a Celanova. Apoiar a un pobo galego e queremos contar con toda Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
UN DOLOR SIN TREGUA
La ourensana Iria Lorenzo, cuando la migraña no espera, pero la cita médica sí
ENFERMEDAD NEUROLÓGICA O UN SÍNTOMA
Dolor de cabeza y migraña: cómo diferenciarlos y cuáles son sus causas
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXII)
Galería | Vajillas para jugar a las comiditas