"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
6 MILLÓNS DE INVESTIMENTO
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para marzo e maio do vindeiro ano, dos actos expropiatorios das obras de mellora da estrada OU-540, entre Celanova e Bande, ao seu paso por Verea.
Esta intervención, licitada o pasado día 18 de novembro por un importe de seis millóns e en fase de contratación, tén previsto intervir no treito de algo máis de 14 quilómetros da OU-540. As empresas que queiran executar estas obras poderán presentar ofertas ata o 15 deste mes.
As obras neste treito da OU-540 incluirán un carril adicional na marxe dereita, ao seu paso por Verea, de case 2,5 km, e un carril adicional na marxe esquerda, ao paso por Bande, de 1,1 km.
As actuacións completaranse coa mellora do firme e de interseccións, e a execución de sendas peonís. A previsión é comezar os traballos na primavera, cun prazo de execución duns 18 meses.
Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar os días 3, 4 e 5 de marzo, de 9,20 a 14,00 horas, na casa do Concello de Verea; e os días 10 e 11 de marzo, das 10,00 ás 14,00, no Concello de Bande. A formalización das actas de ocupación, tamén nas casas consistoriais e nos mesmos horarios, levarase a cabo os días 5, 6 e 7 de maio de 2026 en Verea, e o 12 e 13 de maio de 2026 en Bande.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
Lo último
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
A louvanza dos homes
DOS MILLONES DE EUROS
O Barco dejará de verter residuales al cauce del Sil
CIBERSEGURIDAD
Viana do Bolo se lleva premio en Galiciencia