A Banda de Vilanova festexa 160 anos de música popular
O colectivo Rebulir distingue a pegada cultural deste gremio artístico asentado no burgo medieval
A Banda de Música de Vilanova dos Infantes recibirá o vindeiro sábado en Ramirás o Premio Rebulir da Cultura Galega no seu 160 aniversario polo seu legado cultural na música popular. Un recoñecemento a unha das decanas das bandas galegas, que acumula unha longa e exitosa traxectoria que hoxe manteñen con paixón e dedicación preto de 40 músicos nativos de Vilanova, pero tamén doutros puntos da bisbarra de Terra de Celanova. "É un aniversario en uns tempos difíciles para a música", recoñece o seu director, Benito Villar, quen explicou como decidiron aprazar a programación do aniversario, "esperando que o próximo ano se poida celebrar dunha maneira máis solemne".
A orixe do colectivo musical remóntase ao ano 1860 cando dúas charangas do pobo, a do "Farruco" e a do "Tío Higinio", decidiron xuntar os seus esforzos para constituír un novo colectivo. A partir de aquí, e destacando que no nacemento desta banda tivo moito que ver a figura lendaria de Secundino Feijóo Mendez, o vello patriarca do Circo Feijoo, arranca un relatorio importante de directores que foron enriquecendo a banda, tanto coa súa achega directora como a través de importantes composicións como a muiñeira "O por do Sol" de Bernardo Cortés, o pasodoble "Los siete Infantes" do mestre Jesús Vázquez ou "Salve aviadora" de Don Benito de las Cuevas López.
Nesta longa traxectoria, a banda atravesou momentos de crise como no 1936 coa Guerra Civil "o que supuxo unha perda importante de efectivos e, polo tanto, unha pausa na actividade cotiá da Banda, ata o punto de non dar conseguido un director", lembra Villar, quen fixo un extenso traballo de documentación sobre os directores destes 160 anos, á vez que reivindica un maior apoio para a música.
Benito Villar: “Debemos loitar polo importante papel da música na sociedade"
O mestre Benito Villar rexe, dende comezos do 2011, os destinos musicais da Banda de Vilanova dos Infantes. Actividade que compaxina coa dirección da coral municipal de A Bola e a dos Amigos do acordeón das Terras de Celanova.
Como recibiron o premio?
A verdade é que non o esperábamos, foi unha grata noticia. Entendo que sempre é unha honra recibir un premio, cando máis se relaciona co traballo realizado durante 160 anos.
Que significa a banda para a veciñanza de Vilanova?
É un símbolo de identidade para Vilanova e para toda a comarca. Dende a súa constitución ata a actualidade, soubo conquistar un espazo fundamental no seu contorno.
Como afectou a pandemia ás bandas de música?
A pandemia é obvio que nos afectou dun xeito moi notable. Notámolo xa dende marzo, coa cancelación das festas, e co propio medo da xente, totalmente razoable, de asistir a un concerto aínda que ofreza medidas de seguridade. É difícil resolver estes problemas desde unha sociedade musical. Quizais deberíanse dar máis axudas ás sociedades musicais, á cultura en xeral. No noso mundo, nos alimentamos por dicilo de algunha maneira, dos actos que facemos e, agora que se reduciron tanto, a situación é complicada.
Como ve o futuro ?
Algo que nos debería consolar é que esto é unha época, un momento difícil, pero que ao final acabará pasando. Todo volverá e as bandas volverán encher as rúas e festas de música, e os músicos farano con máis alegría e ilusión que nunca. Porque a música é un ben necesario para manter o noso espírito no mellor estado posible e porque a música é algo que nos acompaña todos os días. Debemos apoiala para que siga medrando e non se perda. Por todo isto, e moito máis, a música é algo que debemos coidar. Debemos loitar polo seu importante papel na sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
MATRÍCULA UNIVERSITARIA
El campus oferta más de 1.000 plazas para nuevos alumnos
COLECTIVO ARRAIANOS
Entrimo volverá ser punto de encontro da cultura da Raia
ENOTURISMO Y GASTRONOMÍA
La bodega Father 1943 abre el jueves sus puertas en Vilamaior do Val, Verín
Jacinto Seara
El Génesis y el inicio del Universo