PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
POLÍTICA MUNICIPAL
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no concello de Ramirás presentou onte unha moción na que sinalan a “errante, nefasta e disparatada xestión do campamento de verán da alcaldesa Isabel Gil baixo o paraugas do Programa Corresponsables”.
Para os nacionalistas, a solicitude do campamento de verán foi realizada “para un reducido grupo de cativos, deixando a un elevado número deles fóra”. Ademais, sinalan que non se publicaron as bases de selección “ata despois da criba inicial e o comezo do campamento”.
Porén, esta selección seguiu criterios “que presumimos a dedo, e de acordo ás bases publicadas, a metade dos seleccionados debería quedar fóra, mentres que moitos dos que foron excluídos, deberían ser seleccionados”.
Bastaría coa “vontade” dos partidos do grupo do goberno, PP e PSOE, para “resolver o problema mediante a contratación dun monitor suplementario”.
Para a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, o problema xurde porque o Concello “probablemente non vai recibir este ano a subvención do Concilia Verán da Xunta”.
Sen embargo, lembra que ata agora e durante cinco anos, os cativos do pobo desfrutaron de “dous meses de campamento de verán totalmente gratuíto”, pero o aumento de rapaces máis a falta de financiación “dificultan esa duración para todos este ano”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRISIÓN PROVISIONAL
La banda chilena que robó en Vigo dirigía sus planes desde Celanova
NOCHE DE MISTERIO Y TERROR
Atrévete al “Claustro das ánimas” en Celanova
Lo último
solicitudes de Vox e Iustitia Europea
El Supremo rechaza suspender el voto de los hijos de nacionalizados por la ley de nietos en las elecciones del 29-N