"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
Logo de preto de vinte horas de autobús, os trinta e seis membros da Banda de Gaitas da agrupación celanovesa Lembranza Solpor chegaban a Brest, a cidade bretona na que se celebrou o festival Printemps des Sonneurs, un evento de cultura bretona que cada ano reúne a milleiros de amantes da música e danza tradicionais, encabezadas polas gaitas, convertendo á localidade na capital das “nacións celtas” por unha fin de semana.
David Villariño, o actual director da agrupación, contou que o primeiro que fixeron ao chegar -sen contar a comida- foi axeitar as gaitas: “Son instrumentos delicados polos seus materiais. En Celanova estamos a preto de cincocentos metros de altitude, e en Brest ao nivel do mar. Hai que atemperar e aclimatar as gaitas para que sonen ben”.
Ese mesmo día, o xoves 9 de abril, os integrantes aproveitaron para cear cos hóspedes, a ‘bagad’, -nome bretón que reciben as bandas de gaitas- de Brest, para unha “primeira toma de contacto e facer foliada xuntos”. Ao día seguinte, o venres, comezaron as primeiras actuacións no “fest-noz”, a antesala ao día forte do festival.
O día grande, o sábado 11 de abril, comezou coas actuacións matutinas, cando cada unha das 14 bandas participantes tocou en diferentes recunchos da vila -ilustrado na foto-, para abrir o apetito para o prato forte, o desfile da tarde, no que tocaron dúas pezas bretonas en conxunto ante a mirada de milleiros de persoas.
Logo do peche, as bandas xuntáronse para unha foliada, na que entre cervexas e pezas, “fixemos moitos contactos, algúns que virán a participar xa este ano ao noso festival e outros que virán nas futuras edicións”, aclarou David, que reparou na grande tradición bretona arredor das gaitas, pero ademais noutras semellanzas: “A paisaxe, a cultura... Cando chegamos, pensábamos que voltáramos a Galicia: Ceos grises, herba verde e gaitas”. “Lucimos todo, dende o baile, o canto e a música, e incluso a murga participou durante a foliada do sábado á noite”, aclarou o director, “tocamos pezas en conxunto, eles coñecen moitas cancións galegas e nós algunha bretona”, afirmando que “hai unha conexión moi forte entre as nacións celtas”.
“Para nós é un ‘subidón’ levar o nome de Celanova polo mundo, pero a nivel de banda é unha experiencia incríble. A unión que se crea logo de corenta horas de autobús, varios días de aventura... Ao final esto vai máis alá da música”, reflexiona David, “estas experiencias unen moito e iso nótase logo á hora de tocar grazas a complicidade que se crea”.
“Eu priorizo moito socializar e ‘facer piña’, e o musical tamén, vaia por diante. Pero se hai o primeiro, o segundo sae rodado”, rematou o director, deixando claro que a riqueza da cultura tradicional galega non é só motivo de orgullo propio, senón que tamén abre portas a novas experiencias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"O TÍO MARCOS D'A PORTELA"
Raigame converte a Vilanova no gran escaparate da cultura
RÍOS ARNOIA Y OURILLE
Los pescadores instan a mejorar el coto de Celanova
FESTIVAL CELTA EN GRAN BRETAÑA
A Bretaña disfrutou ao son de Lembranza Solpor
Lo último
ESCULTURAS A BASE DE BARRO
El Colegio Oficial de Agrónomos celebra su patrón con arte
IMPULSOR DOS MAIOS
Propoñen que Enrique Gómez Pato dea nome á biblioteca de Verín
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tren tecnológico