Os nacionalistas critican o novo auditorio de Xinzo de Limia
A DEBATE O AUDITORIO
O BNG critica a decisión do Concello de Xinzo de Limia de encargar a estudantes de Cesuga os proxectos do novo auditorio, ao considerala unha actuación propagandística e sen un plan serio para unha infraestrutura cultural clave
A principios deste mes de abril, estudantes universitarios do Grao de Arquitectura do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) presentaron cinco proxectos para construír o novo auditorio de Xinzo de Limia, unha petición de vello na vila.
A decisión de deixar o proxecto en mans de estudantes foi criticada polo Bloque Nacionalista Galego. Camilo Vila, o voceiro nacionalista, afirmou que “é unha acción propagandística de alto risco porque transmite a idea de que calquera cousa vale para este Grupo de Goberno”, considerando ‘evidente’ a falta dun proxecto “serio e planificado para unha infraestrutura cultural clave para o concello”. “Os estudantes fixeron un traballo académico dentro da súa formación. O problema está en quen pretende presentar ese exercicio como a base dun equipamento público de grande importancia”, afirmou Vila. Así, tamén criticaron que o padroado do Cesuga está formado por “entidades financeiras, inmobiliarias e construtoras”, o que “provoca que o Concello non teña as mans libres”.
Dende o Goberno local preferiron non responder a estas críticas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DÍA DE LAS BIBLIOTECAS
Xinzo de Limia llena su biblioteca de actividades
Pulmón comercial
La plaza de abastos de Xinzo de Limia está lista para su reapertura
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio