SÁBADO DE PIÑATA
Galería | Celanova reúne 32 comparsas en su Piñata
ENTREVISTA
O director celanovés Aser Álvarez González de Arraianos Produccións, foi o escollido pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) para levar adiante o documental "De Carballo a Carvalho" no marco das accións encamiñadas a homenaxear ao protagonista das Letras Galegas 2020, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero.
Como xurdiu o proxecto?
Foi unha encarga da Academia Galega da Lingua despois de ver algúns dos nosos traballos -frescos, contemporáneos- como o que fixeramos de Celso Emilio Ferreiro. Son proxectos enfocados a xente nova, neste caso para chegar a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.
Que se poderá ver no documental?
É unha peza duns 30 minutos. Un relato contemporáneo sobre a historia de Carvalho Calero, moi fácil de ver, atractivo visualmente e moi rigoroso porque entrevistamos a persoas que o trataron, que o coñeceron, expertos en diferentes aspectos da súa vida e obra.
Como foi o proceso?
Tivemos a sorte de gravar no Parlamento Galego onde está o seu escritorio e xusto rematamos unha semana antes do confinamento. Agora estamos na postproducción na que participan outros arraianos como o celanovés Xosé Roi Martínez, Laura Yáñez de Entrimo ou Moises Blanco, o banduense que fixo una extraordinaria banda sonora para este documental. Agradecer tamén a súa filla Marga, pola colaboración amosada, prestounos a máquina de escribir e abriunos as portas da súa casa, do seu arquivo.
Feito o traballo, como definiría ao protagonista das Letras Galegas deste ano?
No audiovisual falan do profesor, de poesía, admiración, afecto, dun gran referente do reintegracionismo en Galicia,… Hai moitas palabras que se repiten como compromiso. Compromiso inquebrantable co país, coa súa cultura, coa política; ese espírito republicano antes da guerra,.. E curiosamente non aparece vangarda, que a min gustaríame destacar porque Carvalho Calero foi o primeiro de moitas cosas, un pioneiro, e sempre é bo recordalo.
Ten tempo para outros proxectos?
A verdade é que estamos a tope con Carvalho Calero. No confinamento, e coa idea de que maio non quedase baleiro pola suspensión de actos polo coronavirus, xurdiu a posibilidade, falando coa Real Academia Galega, de facer o microespazo "Unha palabra para don Ricardo", onde unha trintena de académicos e outras personalidades galegas, definen cunha palabra a súa obra e figura. Una serie que se emitirá cada día ata o 31 de maio na Televisión de Galicia. Pero o certo é que temos moito material e quizais fagamos un proxecto máis amplo, aínda que é moi dificil facer unha biografía de alguén que parece que viviu máis dunha vida. Tamén estamos cos premios de podcast "O vello dos contos" e, de cara a finais de ano, gustaríanos poñer en marcha un proxecto de fotografías antigas centrada na Galicia rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SÁBADO DE PIÑATA
Galería | Celanova reúne 32 comparsas en su Piñata
PROGRAMA A MAIORES
Celanova impulsa la inclusión digital de sus mayores
MÚSICA EN DIRECTO
Lembranza Solpor fue fiel a su cita con Celanova
CULTURA Y PATRIMONIO RENOVADOS
La Fundación Curros Enríquez renovará la sede
Lo último
GUERRA COMERCIAL
China reclama a Trump que cancele los aranceles "unilaterales"
IES AS LAGOAS
Actividad + Deporte La Región | Bádminton