Galiza Nova reclama máis liñas na conexión de Celanova con Ourense
TRANSPORTES
Presentaron unha campaña de mobilidade e recollida de firmas para reclamar máis frecuencias na liña de bus que une Bande e Celanova con Ourense
Os representantes de Galiza Nova Terra de Celanova - Baixa Limia presentaron onte unha campaña de mobilidade e recollida de firmas para reclamar máis frecuencias na liña de autobús que une Bande e Celanova con Ourense. “Hoxe os días festivos non temos ningún tipo de servizo e, de luns a venres, hai autobús dende Ourense ás 14,00 e ás 20,00 horas e, dende Bande ás 8,00 e 16,00 horas. Estamos moi limitados”, dixo a responsable Laura Pérez, reclamando máis frecuencias, especialmente os venres e domingo pola tarde, e tamén mellorar as conexións entre os concellos e as respectivas cabeceiras comarcais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
El mito de las suecas y los suecos
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
O castelo do vampiro
STAGE DE PRETEMPORADA
El CD Barco carga a tope la batería