Unha viaxe por Quintela de Leirado a través da toponimia
LIBRO
O escritor de Escudeiros (Ramirás), Carlos Méndez Míguez, acaba de lanzar un novo volume adicado á toponimia de Quintela de Leirado, o sexto libro que publica sobre a Terra de Celanova
A sombra de Penegache, na ribeira do Deva, Quintela de Leirado é un dos concellos máis pequenos da comarca de Terra de Celanova, non por iso menos rico en patrimonio material e inmaterial. Así se desprende da lectura do novo libro de Carlos Méndez Míguez, “Toponimia de Quintela de Leirado”. Un nome sinxelo que agocha interesante información sobre a historia e os lugares deste concello, composto hoxe por cinco parroquias, que durante a idade media foi escenario de tres xurisdiccións: O Coto de Forxán que pertenceu ao Mosteiro de Celanova, a zona de Xacebáns, Fraguas e A Mourisca dependente do Mosteiro de Ramirás; e Leirado, en terras do Señor de Milmanda.
Dende o punto de vista histórico, “o primeiro que chama a atención é que hai bastantes mámoas, co que evidentemente temos que ubicarnos no megalitismo aquí en Galicia. Logo hai un castro importante, romanizado, o castro de Redemuíños no que apareceron moedas romanas e hai algúns vestixios máis como a ponte -sobre o río Deva-, ou a ara que apareceu en Xacebáns”, relataba Méndez Míguez, quen tamén estudiou as orixes das dúas Cima de Vila existentes no concello, unha en San Paulo e outra en Redemuíños; e o legado medieval, cun importante castelo, o de Santa Cruz, “perfectamente recollido polas fontes diplomáticas de Celanova”, dixo, sen esquecer a toponimia. “Hai unha corga que pasa por esa Cimadevila que se chama a corga do castelo”, engadía.
Dende o punto de vista dos substratos lingüísticos, Méndez Minguez, resume que o maioritario -e que coincide co galego- e o substrato latino. “Prelatino queda pouco, o máis interesante: A Mourisca. A miña teoría é que procede dunha raíz preromana MOR que significa pedra. Hai algún nome preromano: Aranciño. E dentro do substrato xermano quedan algúns topónimos como Forxán, Ataínde… Xacebáns é un topónimo moi escuro, é un posedor. É a miña tese, hai moitas aproximacións e as poño no libro. O único claro de Xacebáns son as cartas de poboamento, tres”, relata Méndez, quen no seu estudio tamén analiza a toponimia menor e moitas curiosidades, como o cambio de nome dos topónimos, pero tamén o parecido da escultura de Santa Eufemia de Fraguas e Santa Eufemia de Antequera ou a existencia do retablo pétreo de San Paulo, un dos poucos que se conservan na provincia.
Na última década, o escritor e mestre de Escudeiros, adicouse a estudar nos arquivos e bibliotecas do país, pero tamén percorrendo os lugares e falando cos veciños, a toponimia dos concellos que hoxe conforman as Terras de Celanova sacando á luz os traballos sobre a toponimia de Ramirás, A Bola -xunto con Antonio González-, de Gomesende, Pontedeva, Verea e agora, Quintela de Leirado. “O problema agora é que non hai a quen preguntar”, lamenta este investigador incansable que, aínda que confesa non ter forzas para completar á serie, adica tres horas o día á investigación da toponimia comarcal e outras historias que suscitan a súa curiosidade. Neste último traballo, Méndez Míguez, agradece aos informantes que o acolleron e, en especial, ao alcalde, José Antonio Pérez Cortés. “Quixera facer constar o agradecemento ao alcalde tivo un comportamento excelente. Grazas a el é que se publique o libro, ademáis de ser unha fonte activa no seu pobo, Ataínde”, dixo o autor dun legado impagable que deixa para as futuras xeracións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse
Gonzalo Iglesias Sueiro
O neno e as superestruturas
CUARTA COMUNIDAD CON PEORES DATOS
La compraventa de viviendas en Galicia cayó un 7,2% en abril