Julio Rodríguez: "A Banda de Vilanova é un orgullo para os vecinos e un sentimento que se leva dentro"
A banda de Vilanova vén de recibir o premio “Adolfo Enríquez” en Raigame polo seu 160 aniversario
Celanova é un dos poucos concellos que conta con dúas bandas de música. Unha delas, a de Vilanova, recibiu o luns o premio “Adolfo Enríquez” en Raigame polo seu 160 aniversario. Unha distinción honorífica que recolleu Julio Rodríguez, quen acaba de asumir o reto de xestionar a banda e atopar un novo director e músicos cos que manter a actividade .
Acaba de chegar e xa recolleu un premio, como se sente?
Estamos moi contentos e agradecidos polo recoñecemento. Asumir o cargo é moita responsabilidade para min. Estamos nun momento de cambios, ademais da directiva temos que buscar un novo director porque marchou o compañeiro que facía esas funcións e estamos na procura tamén de músicos.
Que proxectos tendes?
O primeiro é que a banda retome a súa actividade, que nestes tempos que estamos é difícil. Segundo vaiamos avanzado, iremos buscando cousas novas porque a situación vai mudando e temos que ir adaptándonos. A banda sempre tivo uns 30 músicos e iso é o que intentamos manter. Gustaríanos contar con xente que xa estivo e que queira volver e tamén xente nova. Dende a Banda de Celanova se brindaron a apoiarnos neste momento e pode ser unha forma de retomar o contacto, unha nova forma de facer as cousas.
Adeus a rivalidade coa agrupación da capitalidade do concello?
Ultimamente xa non había tal rivalidade, iso foron outros tempos eu xa non o vivín.
A pandemia impediuvos conmemorar no 2020 o aniversario, tendes pensado algún acto especial para este ano?
O ano pasado había algo programado, pero ao final non se fixo nada pola pandemia. Creemos que ese ano algo se poderá facer.
Que supón a banda para o pobo de Vilanova?
Para os veciños é un orgullo e para nós (músicos) é un sentimento moi importante porque levamos o nome de Vilanova dos Infantes por todos os sitios. Iso só se manifesta vivíndoo. Non hai outra maneira de explicalo.
Como se presenta a tempada?
Agora mesmo non temos ningunha actuación prevista. Estaría ben, se nos quitan as mascarillas, poder actuar na festividade local de Santa Ana. A última vez que saímos tocar foi o ano pasado polo San Benito en Cartelle.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NOVAS XENERACIÓNS PP
Miguel Ángel Blanco, un “exemplo para os mozos”
ACCIDENTE AGRÍCOLA
Un vecino octogenario queda atrapado bajo su tractor en Celanova
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Martes, 7 de abril
PRIMERA FEB
El COB pide “perdón” y “confianza” al Pazo