Rebulir distingue a Treixadura, Isabel Risco e a Asociación de Gaiteiros Galegos
CULTURA GALLEGA
O acto de entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega celebrarase no marco da gala do Festival Internacional Rebulir o 21 d decembro en Ramirás
Os premios Rebulir da Cultura Galega que cada ano se entregan en Ramirás xa teñen galardoados. O xurado da décimo terceira edición do certame, que persigue recoñecer as persoas e colectivos que contribúan á difusión da cultura galega nas suas diferentes manifestacións, acordou destacar ao grupo Treixadura na categoría de música galega polos máis de 30 anos difundindo, respetando e poñendo en valor a música de raíz. A actriz Isabel Risco, na de artes escenicas, pola súa dilatada traxectoria no mundo da interpretación; mentras que a Asociación de Gaiteiros/as Galegas/os (AGG) serán distinguidos na categoría homenaxe por conservar, defender e velar pola tradición galega como símbolo de identidade colectiva.
Asemade, o xurado decidiu facer unha mención honorífica colectiva á emigración galega en Cataluña, polo mantemento e promoción da cultura galega no exterior.
Estes nomes, que se unirán a un elenco que xa conforman -entre outros- Luis Zahera, Fuxan os Ventos, Méndez Ferrín, Guadi Galego, Uxia, Xosé Ramón Gayoso, Mercedes Peón ou Anxo Angueira, recibirán os galardons o 21 de decembro no marco da gala central do Festival Internacional Rebulir 2024, que se celebrara en Ramirás.
A comisión que avaliou as diferentes candidaturas, reunida de maneira virtual, contou co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, como presidente de honor, ademáis de Sandra González (presidenta da AC. Rebulir) como presidenta do xurado, Alexandre Sotelino Losada (director do FIR) como director, e dez vocais entre os que se atopan representantes das institucións colaboradoras e profesionais das artes escénicas e culturais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
SEGUNDO DE BACHILLERATO
Galería | Emoción en la graduación y despedida de los alumnos del IES Celanova
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Alfredo Conde
A TRIRITA
Os aplausos ó papa eran da partitocracia
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse