NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
Como na casa.Así dixo sentirse onte a porriñesa Chelo Pampillón, a directora do festival de teatro Platta que hoxe se despide da vila, pero deixando a porta aberta a novas representacións.
Cómo foi a acollida en Celanova?
Moi boa. Sentímonos divinamente, ben acollidos non só polos representantes do Concello, senón polo pobo en si. Esta indo todo xenial. Eu síntome como na casa, é un pobo acolledor. Celanova era unha vila que tiñamos en mente dende fai tempo e organizouse para o 2020, coincidido co aniversario de “Aires da miña terra”, pero houbo que adialo polo que todos sabemos.
Que supón para FEGATEA participar nesta homenaxe a Curros?
É un plus. Os encontros Platta son fantásticos, porque permítenos xuntarnos cos amigos de Portugal, Castela e León e cos da revista Galega, pero de repente tivemos a sorte de que estamos agasallando a Curros Enríquez. Ademáis foi plantexado moi ben, ao ser persoas de Celanova conxuntamente co FEGATEA, os que protagonizaron a representación. Nunca fixeramos algo así.
Como estades trala pandemia?
Tivemos a sorte de ter unha federación moi madura, con moita experiencia, xa son 21 anos. Así que durante a pandemia estivemos todos moi pendentes de todos, directiva e grupos. Dando forza e ánimo e tamén programando cousas, algunhas novas como os micro teatro, que nos valeu para seguir traballado respetando as limitacións de reunión. Por sorte, non só non se perderon grupos polo camiño, senón que gañamos tres.
Cal é a representación ourensá?
Na provincia son cinco grupos nada máis do medio centenar que temos en toda Galicia. Tiñamos outros dous que se profesionalizaron. É un número baixo e unha signatura que temos que retomar, aínda que non será porque non traemos actos a Ourense. O ano pasado fixemos o 20 aniversario en Ribadavia, fai pouco estivemos no Carballiño, agora aquí…
Viñestes para quedarvos?
Intentamos facer iso. Onde imos, lanzamos a nosa firma e asignouse un convenio co Concello de Celanova para distintas actuacións ao longo do ano. E onte o alcalde nos invitaba, xa que estaba todo organizado, a manter a sede permanente do Plata (risas). Me temo que non vai ser posible porque temos máis concellos. O certo é que Platta é un escaparate que move moita xente.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Un ciudadano particular
Miguel Mosquera Paans
Mi casa
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
Molgas no camiño de Colombo